As arpas soarán un verán máis en Noia. O municipio celebrará por noveno ano o Noia Harp Fest, unha edición que se estenderá dende o 3 de agosto ata o 7. O concelleiro de Cultura da localidade, Pepe Pérez, destacou o traballo feito nos anos de pandemia para manter a mostra e a solidez que ten xa o festival.
NOIA CONTARÁ UN ANO MÁIS CO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARPA.

