É habitual que os mercadillos dos diferentes concellos do Barbanza estén cheos de xente, mercando e ocupando as rúas. Sen embargo esta tendencia nos últimos meses estase vendo á baixa, xa que agora é pouco habitual atopar á xente rodeando os postos e levando a cambo compras como no pasado. Os veciños da comarca sinalan que moitos seguen acudindo ao mercado, pero na súa gran maioría non mercan polo incremento do custo da vida.
DECAEN AS VENDAS NOS MERCADILLOS DA COMARCA. OS VECIÑOS SINALAN QUE O INCREMENTO DO CUSTO DA VIDA É O PRINCIPAL CONDICIONANTE

