O vicepresidente primeiro do Goberno galego, Alfonso Rueda, fixo esta mañá un tramo do Camiño Primitivo, dende Baleira ata Lugo. Antes de efectuar a saída, Rueda fixo fincapé nas boas perspectivas coas que comeza a Semana Santa en Galicia, que colocan á autonomía no liderado da recuperación turística co Xacobeo.
A XUNTA DESTACA QUE AS BOAS PERSPECTIVAS PARA A SEMANA SANTA COLOCAN A GALICIA NO LIDERADO DA RECUPERACIÓN TURÍSTICA DA MAN DO XACOBEO

