A finais de setembro iniciábase a campaña marisqueira en Noia. Logo de case sete meses de traballo con algunhas paradas polo medio, os mariscadores afrontan a etapa final da campaña. Hoxe o tempo non xogou ao seu favor, aínda que puideron coller os cupos de ameixa e berberecho.
A CAMPAÑA MARISQUEIRA DE NOIA AFRONTA O SEU FINAL CUN TEMPO QUE NON ACOMPAÑA

