A partir de mañá, mércores 6 de abril, a campaña da renda 2021 da o seu pistoletazo de saída coa apertura do prazo para presentar a declaración a través de internet. Os contribuíntes tamén poderán acceder aos seus borradores, un documento imprescindible para facer contas coa Axencia Tributaria. O 3 de maio abrirase o prazo para pedir cita previa para facer a declaración por teléfono e a partir do 5 de maio poderán presentarse as declaracións de forma telefónica. Ademais o 30 de xuño é a data límite para presentar os documentos.
MAÑÁ ÁBRESE O PRAZO DA DECLARACIÓN DA RENDA. A CAMPAÑA COMEZA CUN AUMENTO DOS TRAMOS DO IRPF COMO PRINCIPAL NOVIDADE

