O paro baixa en Galicia no mes de marzo. Os datos amosan unha caída de 1.173 persoas, colocando á comunidade galega como a terceira na que máis caeu con respecto a febreiro e a cuarta en termos relativos. Isto prodúcese nun mes protagonizado pola folga dos transportes e da alza dos prezos dos produtos e dalgúns servizos. Con respecto á afiliación, aumentou nun +2,98% e a cifra de 1.028.457 sitúase nun nivel superior ao de hai 12 anos (marzo de 2010) A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou de xeito positivo os datos contabilizados no mes de marzo.
GALICIA É A TERCEIRA COMUNIDADE NA QUE MÁIS BAIXOU O PARO EN MARZO CON RESPECTO AO MES PASADO.

