O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 31 de marzo, ás 20:30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da Corporación, a cal contou coa ausencia do concelleiro do PP Manuel Durán. Un dos puntos tratados foi a proposta da ordenanza de circulación do Concello da Pobra do Caramiñal. A nova regulación persegue, principalmente, facer fronte á crecente carencia de espazo público de estacionamento, á proliferación de innovadores sistemas de mobilidade persoal cuxo encaixe no actual sistema circulatorio debe encararse mediante unha normativa municipal e á cada vez maior preponderancia dos peóns e das peoas respecto do vehículo no centro das cidades e vilas, así como a influencia deste factor na seguridade viaria. O partido popular sinalou que había zonas azuis de estacionamento con previo pago.
O PLENO DA POBRA APROBOU A ORDENANZA DE CIRCULACIÓN PARA O CONCELLO.

