Mancomunidade Barbanza Arousa desenvolverá nas vindeiras semanas unha serie de mesas de traballo nas que se convida a participar ás empresas do sector turístico do territorio para a fase consultiva da proposta da entidade aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos. Deste xeito, a entidade busca fomentar a participación das diferentes empresas.
A MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA CONVOCA AO SECTOR EMPRESARIAL PARA PARTICIPAR EN MESAS DE TRABALLO

