Icono del sitio CanalBarbanza.com

NOIA CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

A Concellería de Cultura de Noia vén de anunciar a actividade destinada para os nenos e nenas de 8 a 13 anos que organiza para mañá sábado 2 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil. As, a Biblioteca Municipal de Noia acollerá en dúas quendas un obradoiro de cómica con fonsi Barreiro. A primeira sesión terá lugar a partir das 10:30 horas ata as 12:00, para os nenos de entre 8 e 10 anos. Xusto ao rematar, cun breve descanso, ás 12:30 os rapaces de 11 a 13 anos poderán acudir á actividade que rematará ás 14 horas. Dende a concellería informar que as prazas son limitadas, polo que os interesados dberán inscribirse previamente a través do enderezo programacionconcellodenoia@gmail.com. O artista tamén asinará os seus cómics de 12:00 a 12:30 horas do sábado, entre ambas sesións.

Salir de la versión móvil