O Goberno local de Muros aposta por darlle continuidade á mellora das vías e das infraestruturas hidráulicas. Por iso no Plan de Obras e Servizos da Deputación do 2022 van incluídas diferentes obras para que os principais accesos estean en boas condicións e para que conten cun bo saneamento.
O CONCELLO DE MUROS INCLÚE VARIAS OBRAS NO POS 2022. ENTRE ELAS DESTACA A MELLORA DA RÚA MIRAFLORES, A REFORMA DO CAMIÑO REAL OU A RENOVACIÓN DE VARIAS ESTRADAS NO MUNICIPIO

