O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou esta mañá a posta en marcha do autobús de Coidados porta a porta que percorrerá todos os concellos de Galicia -agás as sete cidades- para levar servizos especializados de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria á porta da casa de máis de 100.000 galegos.
FEIJÓO SINALOU QUE A XUNTA LEVARÁ SERVIZOS ESPECIALIZADOS PARA MAIORES Á PORTA DA CASA DE MÁIS DE 100.000 GALEGOS

