A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe as obras do acceso ferroviario ao porto exterior impulsadas pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, onde salientou que os traballos -que contan cun orzamento de preto de 100 millóns de euros- se atopan xa no ecuador. A titular de Mar comprobou a evolución das obras xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, co que salientou que esta é unha obra chave para que o porto ferrolán poida atraer novos tráficos, aumentar a súa actividade e ser competitivo nun contexto cada vez máis global.
A XUNTA DESTACOU QUE AS OBRAS DO ACCESO FERROVIARIO AO PORTO DE FERROL ESTÁN NO SEU ECUADOR.

