A praia de Espiñeirido acolleu o pasado domingo diversas competicións de surf e bodyboard encadradas dentro da primeira edición do Ribeira Weekend. O evento contou cun total de 72 participantes repartidos en tres categorías. 32 en surf, 32 en body e 8 en modalidade femenina. Alex Sebastian, Pipo Domínguez e Katherina Hauser triunfaron nunha cita que congregou a campións de toda España e boa parte dos mellores deportistas de toda Galicia. Na categoría masculina, foi Pipo Domínguez quen logrou a victoria, seguido por Milo Castelo, Marco Heinrich e Ignacio Guisasola. Na femenina, Katherina Hauser alzouse como vencedora, seguida de Sabela Valcárcel, Alejandra Vicens e Marta Díaz. Por último, en bodyboard, o campión foi Alex Sebastian, quen compartiu podio con Andrés Manso, Nicolás Nieto e Iván Taboada.
https://www.youtube.com/watch?v=VxE1R323rt8