Chega o bo tempo e anima as ventas

A chegada do bo tempo anima ós veciños e veciñas da comarca a saír a rúa, vistar parques e sobre todo consumir. Co ánimo en alza grazas ó sol e o calor a xente sae á rúa e séntese feliz.
Así o comprobamos esta mañá en Ribeira, onde as terrazas das cafeterías estaban ateigadas.

Un sector que sen dúbida se reforza coa chegada do calor é o textil, tras un longo e difícil inverno as ventas comezan a repuntar. Así o comprobamos na boutique Ondas, na rúa peonil de Ribeira.

Os barbanzás destacan a necesidade que sentían de desprenderse xa dos grosos abrigos e das botas, o calor anima a vestir con modelos mais frescos e fermosos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.