A Xunta vén de presentar a nova estratexia de vixilancia e control fronte ao coronavirus que se implantará o luns día 28. A infección activa pasará a avaliarse polos casos graves e falecidos, e para confirmar un caso será preciso efectuar unha proba diagnostica. No caso de ser positivo recoméndanse unha serie de medidas preventivas, como extremar as precaucións durante 10 días, permanecer na casa ata que melloren os síntomas, usar a máscara e manter a distancia social. Elimínanse así as corentenas salvo no caso das persoas que estean en ámbitos vulnerables: centros sanitarios, residencias, centros de día ou penitenciarios.
O LUNS ENTRARÁ EN VIGOR EN GALICIA UNHA NOVA FASE NO CONTROL DO COVID

