Icono del sitio CanalBarbanza.com

O TEATRO COLISEO NOELA DE NOIA ACOLLERÁ DÚAS PEZAS TEATRAIS. AS ACTIVIDADES TERÁN LUGAR O VENRES E O SÁBADO

A Concellería de Cultura de Noia segue a traballar na axenda cultural do municipio. Así desta vez veñen de presentar dúas actividades que terá lugar no Teatro Coliseo de Noel este fin de semana. Por un lado, mañá venres, a partir das 21:30 horas o escenario do Coliseo acollerá o concerto de Narci Rodríguez Da Trío no que presentará o seu novo traballo Apollo III Ad infinitum
Entrada será de balde e para asistir é necesario reservar a invitación no mail  culturaconcellodenoia@gmail.com
Doutra banda, o sábado a partir das 20:30 horas, o Teatro Coliseo Noela  acolle no seu escenario a obra DREAMING JULIET da compañía Elefante Elegante.
O musical , cunha duración de 75 minutos,pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tiveran morto. Que lle ocorrería ao seu profundo amor se acabaran formando unha familia e tiveran que enfrentarse á rutina diaria xuntos? A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación.
Poderanse adquirir entradas no teatro o mesmo día da función en horario de 19:30 a 20:15 h Xa están activadas a venda de entradas en ATaquilla.com. A tarifa normal é de 4.50 € + gastos de xestión.
Tamén hai tarifa reducida para colectivo de estudantes e xubilados: 3,60€ + gastos de xestión.
Salir de la versión móvil