ROMÁN RODRÍGUEZ anuncia un investimento de máis de 39,7 millóns de euros para mellorar as instalacións de case a metade dos centros educativos de GALICIA

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para expoñer as obras que se realizarán, en gran parte este verán, nos centros educativos ao abeiro do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020 e dos recursos obtidos a través do Fondo de Superávit de Responsabilidade, co que o Goberno central recompensa á nosa Comunidade por ter cumprido o obxectivo de déficit. Serán este ano 2016 máis de 39,7 millóns de euros cos que se realizarán 683 actuacións en 527 centros de ensino de 219 concellos de toda a xeografía galega.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.