Adhesión da Fegamp e da Rede Galega de Loita contra a pobreza e a exclusión á Axenda Social Única

Tras a sinatura, Feijóo asegurou que con este acordo se plasma a coordinación que lles esixe a Lei de servizos sociais, que pon de manifesto que esta competencia non é exclusiva de ninguén, senón compartida entre a Comunidade e os concellos; pero tamén o que a sociedade reclama.
Non en van, o documento pon de manifesto que esta Axenda Social, cuxas medidas están dirixidas de xeito prioritario a fogares con menores de 16 anos a cargo e con ingresos de traballo inferiores aos limiares da Risga, é unha resposta axeitada para promover a inclusión social.
Así mesmo, especifica que a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Rede Galega de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social comprométense a colaborar e cooperar no desenvolvemento das medidas que a integran a Axenda Social Única, e na máxima coordinación efectiva entre as institucións implicadas, para promover a inclusión social das persoas e familias máis vulnerables, e paliar deste xeito os efectos da exclusión e loitar contra as causas que a provocan.

O texto pon de manifesto tamén o compromiso na difusión da Axenda Social de Galicia entre os restantes actores relevantes do eido dos Servizos Sociais para conseguir a súa implicación e apoio expreso.Ademais de incluír medidas xa en funcionamento, este acordo contén nove ámbitos “nos que entendemos que debemos avanzar da man”: apoio á renda, pobreza enerxética, vivenda, inclusión social, dependencia, infancia, sanidade, persoal para os servizos sociais, entidades de iniciativa social e colaboración doutros axentes
Feijóo espera que todos municipios fagan seu o manifesto, “para que xuntos o poidamos desenvolver axeitadamente” e tende a man da Xunta

https://www.youtube.com/watch?v=uIsmT8qL228

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.