Moitas persoas perderán a validez dos cursillos que realizaron para poder enrolarse no mar. Estes esixen estar inscritos na lista de tripulación dun barco durante un ano nos últimos cinco. Pero isto non foi posible para moita xente. A razón desta situación reside en que algúns non se defendían no mar e outros estiveron traballando en terra ao non dispoñer da oportunidade de embarcar. Polo tanto, implica que no mes de decembro, no cal teñen a marxe para renovalos, vanse atopar con que quedaron sin eses cursillos.
https://www.youtube.com/watch?v=E3ygZOyA7uo