O pasado martes a confraría de Noia acordou parar a actividade pola folga do transporte, xa que os compradores non garantían poder distribuír o produto. Hoxe, coa certeza de que si poderán, os mariscadores que traballan na ría volveron ás súas embarcacións cos aparellos para capturar berberecho e ameixa.
OS MARISCADORES DE NOIA VOLVERON Á ACTIVIDADE LOGO DE ESTAR PARADOS DENDE O MARTES.

