Representantes da Xunta de Galicia e do Goberno central, dos concellos galegos e de entidades sociais e ONGD, reuníronse hoxe no Comité Galego ante a crise de Ucraína para coordinar e axilizar a axuda aos refuxiados que chegan a Galicia pola crise humanitaria derivada do conflito bélico. Unha das cuestións que se puxo sobre a mesa foi coñecer con exactitude o número de refuxiados que chegan a Galicia para poder prestarlles os servizos que precisen.
A XUNTA E O GOBERNO CENTRAL, EN COLABORACIÓN COS CONCELLOS, ENTIDADES SOCIAIS E ONG, AVANZAN NA COORDINACIÓN DA AXUDA A UCRAÍNA

