Os pantaláns do porto da Pobra do Caramiñal están a ser obxecto dunha serie de melloras. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou está mañá os traballos, que se atopan en execución. O obxecto das obras é a modernización das instalacións boiantes mellorando a seguridade e accesibilidade ás embarcacións.
A XUNTA INVISTE PRETO DUN MILLÓN DE EUROS NA RENOVACIÓN E MELLORA DOS PANTALÁNS NO PORTO DA POBRA.

