O Bloque Nacionalista Galego alerta da falta de saneamento en Noia. O grupo nacionalista presentou no Parlamento unha iniciativa na que instaban á Xunta a habilitar unha partida de 1,3 millóns de euros para mellorar a EDAR municipal ou construír unha nova. Esta actuación, que se rexeitou no Parlamento galego, está recollida no Plan Director de Saneamento realizado por Augas de Galicia.
O BNG DE NOIA RECLAMA UN INVESTIMENTO DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR A EDAR DO MUNICIPIO

