A X Edición da Copa Sálvora tivo lugar os días 4 e 5 de xuño nas instalacións do polideportivo de A Fieiteira. Na cita, organizada polo Sálvora C.F., algúns dos equipos base ribeirenses gañaron nunha das categorías que formaba parte desta competición. Foi na dos prebenjamines que venceron na final ao Vila do Corpus por 4-1. Os benjamines fixeron o propio contra ese mesmo equipo portugués por 2-1. Pola contra, en alevines, o Vila do Corpus impúxose por un 4-0 ao Xuventú Aguiño. Este último deu a campanada na semifinal ao impoñerse ao Compostela. Ademais, Uxía Sampedro, integrante do Sálvora, gañou o Trofeo Verónica Boquete á mellor xorgadora de fútbol 8.
https://www.youtube.com/watch?v=-lufEXi0Ock