Sin categoría

Gala da Asociación Provincial de Amas de Casa da Coruña

O Grupo aires de dorna abría unha gala especialmente emotiva na que se reinvidicou o papel da muller na sociedade e no mundo en xeral.

O acto, conducido polo delegado de La Voz Galicia no Barbanza, Ramón Ares, arrancou coa intervención da presidenta da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ribeira, Magdalena Bringas, quen agradeceu que se escollese Ribeira para celebrar esta primeira Gala. Non en van Ribeira conta con máis de 5,000 socias, das 40,000 existentes na provincia.

Rosa Celia Otero Raña, comezaba a súa intervención agradecendo a colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gadis, Mercadona, Vegalsa-Eroski, Estrella de Galicia e Ecoembes, que posibilitaron a celebración do acto.
Rosa Otero destacou a labor da asociación de amas de casa de Ribeira como un referente no movemento asociativo feminino

Salir de la versión móvil