Os pescadores teñen un novo fronte contra o que navegar: o incremento do prezo dos combustibles. O sector puxo unha data límite para conseguir unha reacción do Ministerio de Pesca para reducir o seu valor e poder saír a faenar con relativa normalidade: o 21 de marzo. Se a partir do próximo luns non hai medidas para paliar este aumento, os barcos amarrarán.
O SECTOR DA PESCA CONSIDERA QUE HAI UN GRAVE PROBLEMA DERIVADO DA SUBA DO PREZO DO COMBUSTIBLE.

