O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou hoxe os novos servizos financeiros que o Goberno galego puxo en marcha en Chandrexa de Quieixa, un concello ourensá que levaba máis de 10 anos sen ter servizos bancarios. Nese escenario, Corgos subliñou o compromiso da Xunta para garantir a prestación de servizos financeiros de calidade a todos os galegos e galegas con independencia do seu lugar de residencia.
O GOBERNO GALEGO SUBLIÑOU O SEU COMPROMISO PARA GARANTIR SERVIZOS FINANCEIROS DE CALIDADE A TODOS OS CIDADÁNS, INDEPENDENTEMENTE DO SEU LUGAR DE RESIDENCIA

