Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS OBRAS DE MELLORA DE PONTE NAFONSO LEVAN PARALIZADAS DENDE FINAIS DE DECEMBRO Á ESPERA DE APROBAR A MODIFICACIÓN DO PROXECTO, QUE AFECTARÁ Á VARANDA.

O ruído da maquinaria e de obreiros traballando na Ponte Nafonso leva sen escoitarse dende decembro. As obras de renovación e posta en valor da ponte non avanzan por unha modificación do proxecto: a varanda, que estaba prevista se puxera de metal, será de pedra. O cambio ten que ser aprobado pola Comisión de Patrimonio, algo que se está a demorar, por iso os alcaldes de Outes e Noia instaron á Xunta a recuperar a actividade o máis cedo posible.

Salir de la versión móvil