Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA DESTINARÁ NO 2022 MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA QUE OS MOZOS POIDAN MERCAR A SÚA VIVENDA EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, estivo hoxe no terceiro dos encontros informativos #ConstruíndoFogar que organiza o seu departamento e que seguirán percorrendo varias comarcas galegas nas vindeiras semanas. Hoxe destacou que a Xunta destinará este ano máis de 1,5 millóns de euros a través dunha nova convocatoria do programa de axudas dirixido a mozos que opten por mercar a súa vivenda habitual nun concello de menos de 10.000 habitantes.

Salir de la versión móvil