Icono del sitio CanalBarbanza.com

O MARISQUEO DA RÍA MUROS NOIA DÁ O PRIMEIRO PASO PARA SER DECLARADO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO.

O salón de plenos do Concello de Muros foi o escenario onde se viviu un dos momentos máis agardados para o marisqueo da ría Muros-Noia. Os alcaldes de Muros, Noia, Outes e Porto do Son, e os patróns maiores deses mesmos concellos asinaron a solicitude para inscribir ao marisqueo da zona no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. É o primeiro trámite formal para conseguir a declaración da cultura do marisqueo da ría como Patrimonio Inmaterial da Unesco.

Salir de la versión móvil