Os contaxios seguen a incrementarse de maneira lixeira no Barbanza, aínda que hai excepcións. Trátase de Muros, Porto do Son e Lousame, que reducen a cifra de positivos. O concello muradán ten 93 casos a dúas semanas, seis menos que onte, e a sete días resta sete para un total de 40. En Porto do Son hai 53 contaxios a catorce días, catro menos que onte, e 25 a unha semana, dous menos. Lousame baixa ata os 20 positivos a dúas semanas, tres menos que na xornada anterior, mentres que a sete días mantense con entre un e nove.
Ribeira suma 13 novos casos a catorce días e a cifra aumenta ata os 230, sen embargo a unha semana os datos mantéñense en 141. Boiro conta con 177 contaxios a dúas semanas, nove máis que onte, pero a sete días a cifra cae en catro ata os 122. Noia rexistra 106 positivos a catorce días, catro máis que no día anterior, e 61 a unha semana, un máis. Rianxo contabiliza 119 casos a dúas semanas, un incremento de sete, mentres que a sete días resta oito para un total de 75. Na Pobra hai 86 contaxios a catorce días, catro menos que onte, sen emabrgo a unha semana conta con 52, un máis. Outes ten 51 positivos a dúas semanas, un aumento de catro respecto a onte, e a sete días aumentaron en tres ata os 28.
Galicia rexistra un aumento dos contaxios unha xornada máis. Nas últimas 24 horas detectáronse 1.864 novos positivos e hai un total de 19.441 casos activos, 900 máis que onte. As hospitalizacións, pola contra, volven a descender. Hoxe hai 350 persoas ingresadas por covid, 29 menos que onte. En planta atópanse 323, 28 menos que no día anterior, e en coidados intensivos permanecen 27 pacientes, un menos que onte.

