A praia de Espiñeirido vivirá na mañá do día 5 de xuño intensas competicións de surf e bodyboard. O inicio da xornada está previsto para as 08:30 da mañá. A cita contará cun total de 72 participantes repartidos en tres categorías. 32 en surf, 32 en body e 8 na modalidade femenina.
Pola tarde, a praia portuaria da Robeira, en Corrubedo, será o epicentro dunha exhibición de paddle surf á que se poden sumar todos os afeccionados.
https://www.youtube.com/watch?v=ORhBkrWRXkM