O 7 e 8 de xullo realízase o xuízo ós mariñeiros do cerco detidos na manifestacion de Vigo

A manifestación que o sector do cerco realizou en Vigo o 6 de marzo do 2014 en protesta pola falta de cuota e os criterios de distribución da mesma trae agora duras consecuencias para algúns dos mariñeiros que participaron nela. A concentración provocou que cortes no tráfico da cidade Olívica foi desconvocada pouco despois do seu inicio ó seren informados mariñeiros e armadores da obriga de pedir permiso á Subdelegación do Goberno para manifestarse. Malia isto a concentración rematou con duros enfrentamentos coa polícia, dez axentes resultaron feridos e mais dunha ducia de mariñeiros identificados.
A fiscalia pide penas de tres anos de cárcere para os 17 mariñeiros detidos no 2014 en relación a esta protesta, acusados na maior parte por desordes públicos e algúns por falta de lesións..

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.