A evolución dos contaxios segue a deixar un goteo de novos casos na comarca. Tan só Outes conta cun descenso dos mesmos. No municipio hai 44 positivos a dúas semanas, catro menos que onte, e 21 a sete días, unha caída de seis. Lousame e Porto do Son non varían as cifras de contaxios de onte. O concello sonense ten 62 casos a catorce días e 28 a unha semana. E Lousame permanece con 30 positivos a dúas semanas e 10 a sete días.
A TENDENCIA Á ALZA DOS CASOS SEGUE A SER UNHA CONSTANTE NO BARBANZA E EN GALICIA, AÍNDA QUE NON SON GRANDES AUMENTOS.

