Un dos establecementos máis visitados nos últimos días na comarca do Barbanza está a ser a oficina de Naturgy. Así o demostran as longas colas ás portas dos locais, sobre todo polas mañás, cando chegan a xuntarse decenas de persoas á espera de ser atendidas polo persoal da empresa eléctrica. A principal razón que motiva estas visitas é a factura. Moitos son os veciños que denuncian irregularidade, outros piden que se actualicen pagos, xa que levan sen recibo da luz desde fai meses, e buscar unha alternativa para o prezo desorbitado deste necesario subministro
OS VECIÑOS DA COMARCA FAN COLAS DURANTE HORAS DIANTE DAS OFICINAS DE NATURGY PARA RECLAMAR A FACTURAS DA LUZ QUE XA SOBREPASAN OS 300 EUROS

