No día de hoxe tivo lugar a conferencia sectorial, na que se tratou o reparto de fondos, tanto para o bono de aluguer para mozos, como para o plan estatal de vivenda. Deste xeito Galicia recibi´ra 22,8 millóns de euros para o bono, e 82 millóns para o plan de vivenda. Aínda así, desde a Xunta mostráronse críticos co goberno a pesares do orzamento, xa que este depende da poboación de cada territorio, e Galicia é o quinto a nivel nacional.
GALICIA RECIBIRÁ 22,8 MILLÓNS DE EUROS PARA O BONO DE ALUGUER PARA MOZOS E MÁIS DE 80 MILLÓNS DE EUROS PARA O PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2022-2025

