Icono del sitio CanalBarbanza.com

UN CAMIÓN COLISIONA CONTRA A CABINA DE SUBMINASTRICIÓN DE GAS NA POBRA E PROVOCA UNHA FUGA DE GAS

Pasadas as 17:00 horas da tarde de hoxe deron aviso dun choque producido nas inmediacións do Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. Un camión colisionou á entrada da empresa Cartogal contra a cabina de subministración de gas. Isto produciu Un escape de gas, que alertou a tódolos alí presentes. Ata o lugar do suceso achegáronse os bombeiros de Ribeira e Boiro, así como protección Civil da Pobra, coa intención de localizar o punto de fuga e solucionar o problema. Ante a incapacidade e as dificultades atopadas, chamaron ao técnico, que se demorou preto de 20 minutos, onde se viviron momentos de incerteza e temor pola posibilidade de que o gas se trasladara ás tuberías dalgunha das plantas do Polígono e isto puidese provocar un incendio de dimensións considerables. Afortunadamente, o técnico puxo fin ao problema e os operarios e servizos competentes arranxaron a cabina danada.

Salir de la versión móvil