Os casos de covid rexistran unha xornada máis un novo repunte no Barbanza. Todos os concellos, menos Muros, contan hoxe cun aumento dos positivos. Ribeira ten 211 contaxios a dúas semanas, 13 máis que onte, e a unha semana a cifra crece en 14 ata os 131 contaxios. En Boiro hai 153 positivos a catorce días, tres máis que na xornada anterior, e 111 a unha semana, un aumento de 13. Noia volve a rexistrar 98 casos a dúas semanas e a sete días aumentan en 10 ata os 64.
A MEIRANDE PARTE DOS CONCELLOS DA COMARCA REXISTRAN UN LIXEIRO AUMENTO DOS CONTAXIOS, AGÁS MUROS QUE CONTA CUN LEVE DESCENSO

