Icono del sitio CanalBarbanza.com

FEIJÓO DESTACA O COMPROMISO DE GALICIA COA IGUALDADE E AVANZA QUE A NOVA LEI SITUARÁ Á COMUNIDADE NA VANGARDA DA LOITA CONTRA A DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso de Galicia coa igualdade e avanzou que a nova Lei situará á Comunidade na vangarda da loita contra a discriminación de xénero. Díxoo durante a xornada Avanza con elas, o acto central do Goberno galego con motivo do Día Internacional da Muller, no que afirmou que a igualdade é un principio que nos debe unir como sociedade. Despois de precisar que o anteproxecto entrará este mes en consulta pública previa, o presidente da Xunta precisou algúns dos obxectivos.

Salir de la versión móvil