O alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, anunciou hoxe a intención de desenvolver diferentes accións para mandar axuda a Ucraína. Piñeiro afirmou que o concello seguirá as recomendacións da Coordinadora de Organizacións para o Desenvolvemento polo que canalizarán as súas axudas a través da vía económica.
A POBRA TAMÉN IMPULSARÁ VARIAS ACCIÓNS SOLIDARIAS PARA AXUDAR Á POBOACIÓN UCRAÍNA.

