Os contaxios frean o seu ritmo caída no Barbanza, aínda que seguen a diminuír agás en catro concellos. Boiro conta con 114 positivos a dúas semanas, un menos que onte, sen embargo a sete días suma seis para un total de 42. Muros ten 83 casos a catorce días, oito menos que onte, mentres que a unha semana a cifra ascende ata os 52, un incremento de catro respecto a onte. Rianxo continúa con 62 contaxios a dúas semanas pero suma cinco a sete días para un total de 29. En Lousame increméntanse os positivos a catorce días, xa que ten 42, tres máis que onte, sen embargo a unha semana os datos caen en dous ata os 18.
BOIRO, MUROS, RIANXO E LOUSAME SUMAN NOVOS CONTAXIOS NUNHA XORNADA MÁIS NA QUE SEGUEN A REDUCIRSE NA COMARCA.

