O desemprego baixou en Galicia no mes de maio en -16.517 persoas con respecto a hai un ano, preto do 7%, segundo o destacou hoxe a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, quen, ademais, salientou que o paro experimentou unha redución nas principais variables.
Ademais, Galicia leva 31 meses consecutivos de baixada interanual o que coloca á Comunidade a niveis de paro inferiores aos de hai 6 anos, tal e como o reflicten os datos. Con todo, e tal e como sinalou Toca, “o Goberno galego traballa intensamente para continuar mellorando estas cifras”. a construción lidera a baixada con respecto ao ano pasado (-13,37%) seguida da industria (-12,74%). Tamén diminuíu o paro tanto en homes e mulleres como en todos os grupos de idade. A responsable de Emprego resaltou a redución entre os menores de 30 anos que foi dun -5,81% con respecto ao mes de abril.
En canto ás afiliacións á Seguridade Social a Comunidade rexistra 11.841 afiliacións máis que hai un ano. Son 26 as subidas consecutivas desde o mes de abril de 2014. Así mesmo, Galicia remata maio cunha cifra superior á de maio de 2012 e é o terceiro ano consecutivo no que aumenta a afiliación nun mes de maio comparado co exercicio anterior.
Na comarca do Barbanza o descenso do paro sitúase en 302 persoas con respecto o mes de abril, o número de desempregados é de 4661.
Na comarca de Muros Noia o numero de desempregados situase en 3145, cun descenso con respecto o mes anterior de 119 desempregados.
https://www.youtube.com/watch?v=oTH021oADyM