O Concello de Ribeira asina un convenio de colaboración coa Fundación Humanismo e Democracia

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, reuniuse esta mesma mañá con membros da Fundación Humanismo e Democracia que conta cun amplo percorrido no ámbito da cooperación internacional. O obxectivo era a sinatura dun convenio para axudar á poboación inmigrante da zona.

H+D traballa con este colectivo proporcionándolle asesorías xurídicas in situ, axuda para a obtención da nacionalidade ou impulsando a reagrupación familiar, entre outros. Ribeira foi a cidade escolleita para liderar o tratado pola actividade económica que presenta.

Mais isto non quere dicir que o resto de concellos da Barbanza queden excluídos.

Deste xeito, preténdese achegarlle o servizo aos cidadáns e axilizar o proceso de resolución dos casos levados a trámite.

Ademais, o día 6 de xuño comezará un curso de atención xeriátrica fomentando a búsqueda activa de emprego.

https://www.youtube.com/watch?v=H547_wYUpBc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.