Icono del sitio CanalBarbanza.com

BOIRO, A POBRA E PORTO DO SON REXISTRAN UN LIXEIRO AUMENTO DOS CONTAXIOS, QUE SEGUEN A DIMINUÍR NO BARBANZA.

A sexta onda segue perdendo forza no Barbanza, onde só tres concellos contan cun pequeno incremento dos positivos. Boiro rexistra un descenso de nove casos a dúas semanas para un total de 144, sen embargo a sete días a cifra aumenta en tres ata os 52. Porto do Son ten 119 positivos a catorce días, catro menos que onte, aínda que os datos a unha semana increméntanse en un ata os 41.  Na Pobra hai 76 contaxios dúas semanas, tres menos que onte, pero a sete días contabilízase un aumento de dous para un total de 35.
Ribeira rexistra un descenso de 20 casos a catorce días ata os 240, e a unha semana conta con 81, dous menos. Noia contabiliza 137 contaxios a dúas semanas, cinco menos que na xornada anterior, e 44 a sete días, unha caída dun. Muros non se move dos 95 positivos a catorce días, e resta un a unha semana para un total de 30. Rianxo segue con 73 casos a dúas semanas e conta cun menos a sete días, polo que a cifra baixa ata os 24. En Outes hai 54 contaxios a catorce días, tres menos que onte, e 26 a unha semana, unha caída de catro. Lousame rexistra 41 positivos a dúas semanas, un menos que na xornada anterior, e 20 a sete días, un descenso de tres.
Galicia segue reducindo o número de contaxios. Hoxe detectáronse 831 novos positivos e hai un total de 18.068 casos activos, 1.700 menos que onte. As hospitalizacións aumentan xa que hai 460 persoas ingresadas por coronavirus, 12 máis que onte. En planta atópanse 434, dez máis que na xornada anterior, e 26 permanecen en coidados intensivos, dous pacientes máis que onte.
Salir de la versión móvil