Un dos sectores máis tradicionais e con máis historia é o do marisqueo e a pesca. E ata el tamén chegan as novas tecnoloxías e a innovación, que os profesionais do mar suman ao seu traballo para obter mellores resultados. A confraría de Noia leva tempo traballando en varios proxectos que verán a luz dentro de pouco. Un deles é o do semilleiro, que reactivarán dentro de seis meses. Pero non é o único.
A CONFRARÍA DE NOIA TRABALLA EN DIFERENTES PROXECTOS INNOVADORES.

