A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou hoxe no acto Fermosismo: a importancia da corrección dos impactos paisaxísticos, celebrada na Cidade da Cultura. Na súa intervención sinalou que a Xunta ampliará en 400.000 euros, ata chegar aos 2,4 millóns, o orzamento reservado este ano ás axudas que permitan corrixir e mellorar o aspecto exterior de vivendas, edificios e equipamentos públicos municipais deteriorados polo paso do tempo e por unha insuficiente conservación.
O GOBERNO GALEGO AMPLÍA ATA OS 2,4 MILLÓNS DE EUROS AS AXUDAS PARA MELLORAR A IMAXE EXTERIOR DE EDIFICIOS E EQUIPAMENTOS GRAZAS Á BOA ACOLLIDA DA CONVOCATORIA PARA ESTE ANO

