O Centro de día de Porto do Son celebra o seu segundo aniversario cos varias actividades

Días de celebración e festa no centro de día de Porto do Son con motivo do seu segundo aniversario. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade que xestiona o centro de día para persoas maiores no Lugar da Aguieira confeccionou varias actividades no marco do Programa Socioterapeutico e Cultural que se está a desenvolver no centro.
O luns os usuarios do centro acudiron a Porto do Son a dar un paseo polo porto, e charlar un pouco no club de xubilados, o martes recibiron a un grupo de nenos do colexio de Queiruga, e con eles realizaron unha gymkana ,

O mércores ofreceron unha interpretación teatral para os usuarios da asociación A Misela, nun día que rematarían cun baile e unha sesión de xerontoximnasia ao ritmo da Macarena .

A guinda desta celebración vaise por o venres, cunha xornada de portas abertas e xuntanza coas familias. Reuniranse cos familiares dos usuarios, unha representación do concello encabezada polo alcalde, Luís Oujo e diversos colaboradores do centro.

O Centro de Día de Porto do Son conta na actualidade con 26 persoas que asisten ás distintas terapias rehabilitadoras e ocupacionais, especialmente contentas neste cumpreanos.

https://www.youtube.com/watch?v=sTURQQAM8rw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.