Icono del sitio CanalBarbanza.com

UNHA DISPUTA FAMILIAR NA POBRA SALDOUSE CON UNHA PERSOA HOSPITALIZADA.

Eran as 14.50 horas desta tarde cando a Policía Local da Pobra recibiu unha chamada alertando dunha agresión. Unha patrulla desprazouse ata o lugar de Rosende, onde se produciu unha disputa familiar entre dous irmáns non convivintes. A muller tivo que ser trasladada ao centro de saúde, aínda que pouco despois tivo que ser derivada ao Hospital do Barbanza. A outra persoa implicada fuxiu do lugar, pero os axentes xa a identificaron e localizaron. A policía está á espera do informe médico para efectuar a súa detención.

Salir de la versión móvil