A Unión de Consumidores de Galicia detectou tres grandes problemáticas as que se enfrontan os consumidores, as cláusulas chan, o imposto de plusvalía municipal e créditos rápidos.
Nun contexto no que está próxima a resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre as cláusulas chan, no que o número de casos por problemas derivados cos chamados créditos rápidos vai en aumento e no que vén de detectar que os cobros dos concellos polo imposto de plusvalía municipal non se corresponden coa realidade; UCGAL entende que as persoas consumidoras necesitan información correcta e actualizada sobre estas cuestións para seren capaces de facer valer os seus dereitos económicos en todo momento.
UCGAL imparte un programa de charlas sobre cláusulas chan e outras problemáticas fiscais e financeiras en Ribeira
Please login to join discussion