Este fin de semana comeza en Ribeira a X Edición da Copa Sálvora

A X Edición da Copa Sálvora arranca os días 4 e 5 de xuño nas instalacións do polideportivo de A Fieiteira. No evento participarán 44 equipos de fútbol na categoría prebenjamín, benjamín e alevín procedentes de toda Galicia.

Tamén se xogará un torneo para a modalidade infantil que terá lugar o día 11 e 12 deste mesmo mes. Pretenden así fomentar o compañeirismo e a deportividade.

E, como non podía ser doutro xeito, contarán cunha madriña de excepción, a xogadora do Bayern de Múnich, Verónica Boquete.

Ademais, realizaránse diversas exhibicións, así como sorteos e agasallos. O evento dará comezo na mañá do sábado e coa entrega dos trofeos o domingo ás 19:30 da tarde poñerase o broche final. O prezo da entrada é de 2 euros para un día e de 3 euros para os dous.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.